menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Beiras como principal referente da Nación

12 0
previous day

O pasamento de Xosé Manuel Beiras abre unha fenda profunda na historia contemporánea de Galicia. Desaparece o intelectual e dirixente político que contribuíu decisivamente a transformar o galeguismo, vinculando a conciencia nacional coa análise material da economía, a soberanía política e a defensa dos intereses do país. Beiras non foi só o máis grande referente do nacionalismo dende Castelao, senón que dende Castelao foi o principal referente da Nación, quen mellor expresou a Galicia como suxeito político colectivo, con identidade, vontade de autogoberno e dereito a decidir o seu futuro.

A súa revolución intelectual arrinca da convicción de non existir emancipación nacional posíbel sen comprender as estruturas económicas que condicionan a vida dos galegos. “O atraso económico de Galicia” (1972) converteuse nunha obra fundamental desa interpretación. Beiras daba continuidade ao traballo iniciado pola Revista de Economía de Galicia, promovida por Xaime Isla Couto no 1958, coa colaboración de Fernández del Riego. A publicación estudaba os problemas produtivos e sociais do país,........

© La Región