Aldama: un modelo de que?
Os aconteceres da política non deixan de sinalarnos novas que chaman e moito a atención. A sociedade do Lazarillo de Tormes, a dos pícaros, moito máis ampliada nas corruptelas, está moi presente no noso día a día. Eu diría que sempre estivo, mais hoxe podemos saber moitas cousas que durante a ditadura estaban agochadas, pois a prensa daquelas estaba sometida á unha censura total, e había moita máis corrupción ca hoxe. O que pasou e que non saía á luz porque era agochada.
Nesta sociedade os feitos máis insólitos e retortos aportan novas que sinalan que a perda, cando non a conculcación, dos principios polos que nos rexemos toma forza e quedan agochados baixo formas de arrepentimento e colaboración coa Xustiza, e ate son premiados con moito esmero. A xente sen principios morais convértese en modelos de........
