menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A aura de cultura e paixón do profesor Beiras

18 0
16.10.2026

Xosé Manuel Beiras / Tucho Valdés

Xosé Manuel Beiras Torrado, acaído profesor dende o final daqueles rebeldes anos sesenta, vestidos de trenca, barbas e melenas, cubertos de boina e estrela, ao estilo Che, os que seguiron as revoltas estudantís do maio francés. Días dos cantoautores, dos contundentes versos de Manuel María, Novoneyra, Ferrín, Celso Emilio... da creación de agrupacións culturais con suxestivos nomes: o Galo en Compostela, o Facho na Coruña, Auriense en Ourense, Abrente en Ribadavia, Avantar no Carballiño, Sementeira en Carballo... renacer cultural. Cando The Beatles lle poñían banda musical de peace and love ao mundo e renacía a aristotélica conciencia de zoon politikón. A igrexa volvía as súas orixes de liberación, mentres a férrea ditadura franquista seguía a perseguir e a fusilar á discordancia. Os libros perseguidos mostrábanse en ritual de silencio nas trastendas de librerías, Tanco en Ourense, Seoane en Pontevedra, Librouro en Vigo, Arenas na Coruña, como na compostelán Rúa do Villar e en ambas cidades, Eduardo Hernández. As vietnamitas e a chuvia de panfletos, as primeiras pintadas, aquela inacabada na baixada da compostelán Ferradura á Residencia: LOITAREMOS CONTRA A RERE... alguén cavilou que Arere era un represor, non, era a frase inacabada dun nervioso grafitizador que tentaban poñer Loitaremos contra a represión. O berro era Galiza Ceibe!! No Miño ourensán, entre unha nova revolta irmandiña se erguía o encoro de Castrelo.

O idioma galego co sedutor pouso da memoria, da Historia, da cultura...

No estrato da conta vital un remata sendo o que fixo. A formación de Xosé Manuel Beiras radica nun sólido ambiente cultural, o idioma, a historia, a arte, a literatura, a música... cultura necesaria para a sedución. Vida e obra que se enxerta na espiral da anovación das teorías dos inadaptados, ao estilo irlandés, seguindo o ronsel de Nós (plural e distinguido). Diferente, catedrático de Estrutura e Institucións Económicas en Compostela, con máis que sobresaínte currículum: formado na súa cidade, pasando pola Sorbona, na London School of Economics and Political Sciencie, no Institut de Science Économique Appliquée de París... anovando........

© La Opinión A Coruña