menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O himno á vida de Gisèle Pelicot

13 10
22.02.2026

En setembro de 2024, o nome de Gisèle Pelicot irrompe na escena pública europea provocando unha profunda conmoción. A través da policía, Gisèle descobre o horror ao que estaba sendo sometida sen sabelo.

«O axente díxome: estou a punto de mostrarlle algo que non lle gustará».

Eran dúas fotos dunha muller inerte deitada nunha cama.

«Non me recoñecía. Esta muller xacía na cama coma se estivese morta. Había homes xunto a ela. Non entendía quen eran. Non os coñecía. Nunca antes os vira».

Aí foi como Gisèle tivo coñecemento de que fora violada por oitenta e tres homes durante practicamente unha década, a instancias do seu home, Dominique Pelicot, que lle subministraba drogas para durmila e relaxantes musculares para paliar calquera dor física provocada polas agresións.

Cincuenta dos oitenta e tres homes foron identificados logo dunha intensa investigación que tivo coma resultado a descuberta de vinte mil vídeos e fotografías que probaron esta atrocidade documentada e minuciosamente etiquetada polo principal agresor: o home co que compartía a súa vida e co que ela ten tres fillos en común.

A brutalidade dos feitos e a frialdade metódica coa que se cometeron foron un punto de inflexión na loita contra a violencia sexual en Francia. O señor Pelicot, como se refire a el Gisèle, operaba en foros de Internet, ofrecendo o corpo da súa esposa coma un obxecto de comercio. Ofrecemento ao que accederon máis de oitenta de homes, dispostos a violar unha muller drogada. «Algúns dos meus violadores ían ao supermercado a observarme sen que eu o soubese», declarou Gisèle estes días, despois de conceder unha entrevista en París, co gallo da publicación do seu libro «Un himno a la vida», escrito xunto á xornalista Judith Perrignon, que recolle o relato da terrorífica experiencia: «Todo se esboroa cando vexo o que é capaz de facérselle a unha muller sedada baixo submisión química. Pregúntome como puido o señor Pelicot infrinxir todos eses horrores. De toda esa inmundicia quixen que saíse algo e quixen escribir este libro para explicar que as vítimas non teñen que sentirse avergonzadas Poden manterse en pé, dignas, como eu intentei demostrar ao longo do xuízo».

Gisèle opúxose ao anonimato, renunciando ao dereito que lle outorgaba a lexislación Francesa da posibilidade dun xuízo a porta pechada, sen medios de comunicación. Decidiu mostrar o seu nome e o seu rostro ao considerar que o seu anonimato protexía os agresores. Se ela era quen de dar un paso adiante e dicir: eu son Giséle e fun traizoada polo meu marido que comerciou co meu corpo e permitiu que me violasen, os agresores tamén pasarían á escena pública. A frase: «Non teño nada de que avergoñarme», que pronunciou cando se iniciou o proceso xudicial, foi unha declaración política que manifestou a determinación de que a vergoña non debía caer, unha vez máis, sobre a vítima, senón sobre os agresores.

O lanzamento das memorias de Gisèle proporciona unha nova dimensión ao caso. Xa non se trata só do seu relato persoal, hai unha vontade de controlar a narrativa, de ser suxeito activo. Durante o proceso xudicial, as imaxes gravadas polo seu marido foron proxectadas na sala. Isto pode expresarse doutro xeito, se collemos outra cara do prisma: Gisèle tivo que enfrontarse publicamente a esta humillación. Agora, Gisèle, ademais da vítima, é un suxeito con voz propia, que narra.

Existe certa tendencia a relativizar o que ocorre dentro das parellas, coma se a convivencia ou o feito de manter unha relación sentimental implicase unha cesión sen límites do corpo. O libro de Gisèle non chega coma un epílogo da súa historia. Chega coma a continuación dunha batalla que transcendeu do ámbito xudicial. É unha batalla social, onde a terminoloxía xoga un papel esencial. Palabras coma consentimento, parella, intimidade ou corpo adquiren unha dimensión poderosa e tamén crucial. Estamos ante algo máis profundo ca o relato da experiencia dunha violación sistemática. Estamos ante a reivindicación de que a vergoña mude de lugar, e de que o foco se coloque sobre os agresores, sobre os violadores, e non sobre as vítimas.

Suscríbete para seguir leyendo


© Faro de Vigo