A longa modernización chinesa
Moito se comenta ultimamente sobre os avances tecnolóxicos da China, xa nos refiramos á intelixencia artificial, á robótica, aos humanoides ou ás novas enerxías. Son, sen dúbida, unha evidencia do moito que ten avanzado o país en materia de modernización. Mais cómpre lembrar que esta transformación non é resultado apenas das últimas décadas de reformas, senón o episodio máis recente dunha procura moito máis longa.
A preocupación pola modernización chinesa arrinca, en realidade, das últimas décadas da dinastía Qing, cando sectores da intelectualidade comezaron a preguntarse polas causas da debilidade do país e polos camiños para superar a subordinación ás potencias estranxeiras. Wei Yuan, Feng Guifen, Kang Youwei ou Liang Qichao representan, con matices moi diferentes, esa primeira procura dun camiño para fortalecer China mediante a incorporación de........
