Unha tarde de sentirme oriental
O meu ramen segue unha receita de Xapón, aínda que eles o chamen shina soba (fideos chineses), como aquí dicimos francesa á tortilla sen patacas, de xema e clara batidas e estreladas na tixola. A causa da denominación é que a orixe está en China. Foi adaptada polos xaponeses despois da Segunda Guerra Mundial porque a fame era tan grande coma as colleitas de trigo no país. A simpatía entre ambas as sociedades é nula, polo que os nipóns pasaron a falar de ramen.
Existen centos de receitas de ramen. Eu sigo unha que me require usar a pota máis oronda que teño e sete horas de traballo. O único ingredente que uso verdadeiramente chinés son os fideos, que os compro nunha tenda aceiradamente auténtica que rexenta un colombiano. Aínda sendo verdadeiramente orientais, os fideos ceden o protagonismo á horta do país. O meu ramen é unha sopa de hortalizas con costeleta de porco, un caldo de verduras e carne que a solla singulariza ao impoñer o seu carácter nos sabores.
Teño un altofalante JBL sintonizado co móbil. É pequeño e azul coma unha lagoa, pero amplifica gozosamente. Mentres cozo as cebolas, os porros, os allos, as cenouras e os tomates maduros soa o álbum Scenery (1976) de Ryu Fukui, o pianista de Sapporo que faleceu hai unha década. Fukui empezou........
