menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Pamplona era unha festa hai cen anos

40 0
07.10.2026

Temos idealizados os veráns de tres meses que nos regalaba ser escolares. Eran horas e horas de bicicletas, pesca e xeados Frigo. Nos días nubrados baixabamos á praia limpa de bañistas xogar ao béisbol. Nos días de chuvia aburríame con solemnidade. Recordo unha tormenta estrana, fóra de tempada; non era a típica treboada de verán, que imita un camión de grava que levanta o volquete para descargalo torrencialmente en medio minuto. Eu tiña catorce anos na altura. Estaba tirado na alfombra, mirando o teito. Imaxinaba ovnis dos que saían extraterrestres, que eran un pouco máis altos ca nós e estaban pálidos porque viñan viaxando a través do cosmos. Sabía eses detalles porque os lera en 'Deus pilota un prato voante' de R. L. Dione. Neses meses perdín a fe nos seres doutras galaxias e a confianza na existencia dun ser superior.

O meu pai entrou na sala. Nada dixo. Foi ao moble onde tiña os libros. Xirou a cabeza para buscar un concreto lendo os títulos nos lombos. Quitou un exemplar e tendeumo. Era 'El viejo y el mar'. Durante horas sentín o sol da Habana petándome na cabeza, o brillo do peixe inmenso e a ilusión do vello Santiago por pescar algo despois de tres meses de sequía en plena costa. Aínda sinto o golpe no peito que me provocou o final da trama cando rematei a lectura.

O meu........

© Galiciaé