A moeda máis valiosa que se usa no Reino
Esta semana andei lendo 'El reino y el poder' (Alfaguara) de Gay Talese. O libro conta polo longo, en 600 páxinas, a evolución do xornal The New York Times desde 1851. Cando tiraba 9.000 exemplares, o seu editor, Adolf Ochs, era tan pobre que recorría a redacción apagando as luces que non se estaban usando. O volume chega ata finais dos anos 60. Daquela xa estaba consolidado como o reino con máis poder do periodismo mundial. 'O reino e o poder' publicouse no ano 1969, cando o xornal tiraba case un millón de copias. Actualmente suma 600.000 lectores en papel. Sabemos que esa cifra porque é o maior imperio dende a antiga Roma. Se buscamos o número de suscritores, ascende a 13.355.001. Ese 1 no final da cifra son eu.
A redacción na que debutei neste oficio de contar cheiraba a incendio apagado. O tabaco desbordaba os cinceiros e enchía o fondo das papeleiras coma auga sucia remansada. Daquela empezaban os ordenadores, que eran lentísimos e grisáceos. Os redactores mantiñan as cabichas apresadas entre os beizos mentres tecleaban a dúas mans. O fume trepáballes pola cara e entrepechaban os ollos. Formaba un teito vaporoso de cor cincento.
A primeira hora da madrugada aparecía un camareiro enviado do bar de enfronte. Levaba en equilibrio unha bandexa de chapa para repartir bocadillos,........
