Feijóo xa fala como Abascal
A máscara cae a anacos
A cinco semanas das xerais do 29N, Alberto Núñez Feijóo deixou de disimular. O home que durante anos se vendeu como o xestor moderado, o político sensato que saíu da Xunta para poñer orde na dereita, abraza agora, sen complexos e á bruta, o discurso reaccionario de VOX. Antiocupación a golpe de «fóra en 48 horas», pensións postas en dúbida, dereitos en almoeda. Calquera cousa por chegar á Moncloa. Sabe que é a súa última oportunidade. E non, non é que non sexa presidente porque non queira: non o é porque é un político mediocre, sen límites nin principios.
Enfermar, un luxo que non nos podemos permitir
Feijóo chama «cancro» ás baixas laborais, pon en cuestión que un traballador cobre o mesmo estando enfermo que traballando e promete impor o seu criterio «con ou sen acordo sindical». Dínnolo dous homes que nunca traballaron como empregados dunha empresa privada. Feijóo pasou de funcionario da Xunta a vivir da política desde os anos noventa. Abascal........
