menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Andrés Do Barro: saudade dun xoguete roto

11 0
24.08.2026

Nunca esquecerei o meu derradeiro encontro co Andrés, no aeroporto de Madrid, nun bus que nos achegaba ao avión con destino a Santiago. Chamou a miña atención unha señora de faccións andinas a termar dunha guitarra espida, desprotexida. Mantíñase de pé xunto dun suxeito corcovado. El e eu recoñecémonos, tentou erguerse, axudeino. Non me pesaba nos brazos e mirábame con ollos chorosos. Apertámonos. Díxome que viña á Corazonada do Gayoso na TVG.

Cando faleceu, chegáronme moitas suxestións de escribir a biografía do compañeiro admirable, capaz de compor cancións belísimas. Mais sempre me neguei a escribila por pena: os verdadeiros amigos del mantemos que Andrés do Barro foi un cativo sen xoguetes, un xoguete maltratado e, finalmente, o xoguete roto do encontro en Barajas. A María inspiradora da canción «Rapaciña» escribiu no seu diario xuvenil que o Andrés era «un neno triste». No fondo así sería, de pequeno, de rapaz e de adulto.

Ora, seica outras persoas non teñen escrúpulos para tocar na imaxe de quen foi o noso íntimo, ou déixanse informar por quen distorce feitos. Velaí Andrés do Barro, a xénese do pop en galego, libro de Fernando Fernández Rego. El pregoa ter de informadora a Andrea Lapique, filla........

© La Voz de Galicia