As malas influencias
Seica andan os influencers de capa caída. Que xa non inflúen nada, que están perdendo autoridade e que agora os segue menos xente. Que rin deles. Que xa non os toman en serio. E moita xente celébrao porque entenden que eran, no fondo, unha mala influencia, sobre todo para a xente máis nova. Hai uns anos, volvendo dunha feira do libro en Valencia, o taxista que me achegaba ao aeroporto, un rapaz que non debía de ter nin vinte anos e que aproveitaba cada semáforo para ver o móbil e escribir, preguntoume que a que me dedicaba. Cando lle dixen que ao mundo do libro, a escribir e todo iso, abriu moito os ollos e, dende o retrovisor, deixoume claro o seu abraio. «E pode vivirse........
