O son do colleiteiro
Non hai dúbida de que O Ribeiro é un territorio histórico que construíu a súa identidade arredor da produción vitivinícola. E fíxoo mediante un proceso secular no que a figura do colleiteiro representou -aínda hoxe o fai-, un xeito senlleiro de entende-lo viño: o viticultor, recollendo o coñecemento acumulado durante xeracións, cultivaba as súas propias viñas, elaboraba na súa pequena adega e comercializaba un produto que reflectía as características do territorio onde fora concibido.
Se recorremos á memoria histórica, atopamos que, tradicionalmente, case tódalas familias ribeirás elaboraban o seu propio viño; era unha produción que satisfacía o pequeno consumo doméstico e o combinaba cunha parte moi importante que destinaba á venda, erixíndose nun dos recursos económicos da casa. Este sistema produtivo xerou un intenso comercio que converteu ó Ribeiro nun dos grandes centros vitivinícolas da península grazas a unha rede comercial na que tiveron un papel fundamental os........
