Amodiño, que o bo está por vir
De Entrimo a Olelas empezaba o bo. Mesmo indo no coche. Por ser a estrada estreita e polas súas curvas. Sempre me gustou conducir por esas... carrilleiras que se ensancharon só o xusto para que pasasen os coches. En algúns sitios, só un. Amodiño e contemplando a paisaxe.
A paisaxe desta estrada impresiona polo seu lado esquerdo cando se chega á altura do encoro de Lindoso. Alá, no fondo, moi fondo, coas aldeas de Portugal........
