menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Carlos Mella: o home recuperado para o País

10 0
29.04.2026

Para quen cremos que Galicia é un suxeito político de seu a figura de Mella eríxese como un dos persoeiros daquela transición que tentaron, entre a espada do centralismo madrileño e a parede da nosa propia indecisión, construír un Poder Galego merecente de tal nome.

Carlos Mella, nado no 1930, pertencía á xeración dos meus pais, cativiños canda a terríbel represión da guerra e da posguerra. E na súa xuventude e primeira madurez converteuse nun economista de prestixio no nivel estatal, europeo e internacional. Cando foi elixido deputado na primeira lexislatura do Parlamento de Galicia (1981) xa fora profesor de Economía Política na Universidade Complutense de Madrid, alto funcionario da OCDE en París e director xeral de Política Económica no Goberno do Estado. Porén, malia o seu acceso e recoñecemento polas elites funcionariais do Estado e das organizacións internacionais escolleu, xa pasado o seu medio século de vida, voltou a Galicia para se comprometer coa construción do seu autogoberno e do seu desenvolvemento. Velaí que Xosé Manuel Beiras, con........

© La Opinión A Coruña