menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A auga na Galicia: emerxencia climática ou espolio?

30 0
25.08.2026

As recentes declaracións da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, afirmando que «hai que encorar máis auga» porque a dos nosos ríos curtos «acaba no mar», supoñen unha perigosa fuxida cara adiante. Porque, baixo da coiraza dun falso pragmatismo técnico estas verbas amosan unha profunda submisión política. Fronte ao relato oficial que instrumentaliza a seca para rehabilitar a vella política do formigón, urxe erguer unha crítica fundamentada nos datos hidrolóxicos, ecolóxicos e xeográficos que esfarelan, punto por punto, o vello modelo extractivista e asimétrico que segue a sangrar a Galicia.

Desde o punto de vista xeomorfolóxico, a tese do catedrático emérito Juan Ramón Vidal Romaní (USC) é moi clara: a nosa rede fluvial non admite máis macroinfraestruturas reguladoras sen destruír definitivamente o equilibrio ambiental do País. A colonización hidroeléctrica que........

© La Opinión A Coruña