Xa volo advertín
Hai algo profundamente inquietante en que quen dirixe as compañías que lideran o desenvolvemento da intelixencia artificial nos advirta dos males, mesmo catastróficos, que poden ou poderían causar as súas tecnoloxías. Cada vez é máis frecuente e alarmante ese discurso, que hasta mete medo. O máis sorprendente é que, ao tempo que intensifican as súas advertencias, seguen desenvolvendo freneticamente sistemas cada vez máis potentes e autónomos. Non entendo que quen afirma que poderiamos correr riscos mesmo existenciais non empregue, ademais de advertirnos, todos os medios e coñecementos de que dispón, que son enormes, para acoutalos, cando non eliminalos.
Imaxinemos que os responsables dunha compañía farmacéutica anunciasen que os seus novos medicamentos poderían provocar enfermidades incurables, malformacións e mesmo acabar cunha parte considerable da poboación, pero que iso non impedise que seguisen fabricándoos porque os seus beneficios potenciais son extraordinarios.........
