menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Dignidade e sabor da poesía

32 0
18.08.2026

FOI UNHA festa de celebración, mais tamén de peche. Celebrar porque se algo acadou o selo poético Chan da Pólvora dende o seu inicio fai xusto dez anos foi facer de cada libro, de cada publicación, coidadísima na súa edición, sendo quen de presentar a poesía como un elemento de orgullo da nosa cultura, unha dignidade poética que se mantivo ata o fin, ata esa festa que se celebrou no pasado xuño na Horta das Chás en Compostela que tamén supoñía un remate, que podemos calificar os que estivemos cerca dela, como glorioso.

Unha editora e un nome, Antón Lopo, auténtico guerreiro da cultura en Galicia que apostou pola poesía e a poesía non o deixou tirado. Autores, libros, recoñecementos, festivais, unha chea de iniciativas que fixeron destes dez anos de Chan da Pólvora un dos territorios máis fértiles dunha cultura que aínda lle debe máis recoñecementos a este home, así como dende o eido institucional, sempre tan selectivo á hora de facer as súas escollas. Mais o feito ao longo destes dez anos, non só merecería unha medalla........

© Galiciaé