menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Premios da Crítica de Galicia: excelente colleita cultural

21 0
03.11.2026

Ás portas de celebrar a súa quincuaxésima edición, os Premios da Crítica de Galicia (PCG) deron a coñecer o ditame da mellor produción cultural e investigadora en Galicia e en galego do pasado 2025. Dez xurados de sete persoas expertas en cada unha das modalidades valoraron medio milleiro de propostas deste certame honorífico, modelo de resiliencia creativa da Galicia que non renuncia ao emprender dende a sociedade civil.

Convocados de forma ininterrompida en Vigo, dende aquela primeira edición celebrada nunha cea no Hotel Samil o 16 de maio de 1978, organizada por un grupo de mozos e mozas vinculados ao Círculo Ourensán Vigués, na que contaron apenas cunha pequena axuda da delegación provincial do Ministerio de Cultura e Benestar de Pío Cabanillas, cando non existían nin institucións autonómicas nin se convocaran as primeiras municipais.

Dende entón, os PCG souberon navegar nas augas da Galicia autonómica, abrindo expectativas e axudando a facer visibles as industrias culturais emerxentes da edición, música, audiovisual e artes escénicas e plásticas, conformando un impresionante catálogo de excelencia. Modalidades dos premios, iniciadas con apenas cinco, hoxe duplicadas, nas que na........

© Faro de Vigo