menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O Vigo de 1936

13 0
tuesday

Entre as publicacións que para celebrar o Día do Libro presentou o Instituto de Estudios Vigueses (IEV), que preside Mercedes Bangueses, destaca o Álbum fotográfico. Vigo 1936, testemuño visual excepcional, custodiado durante décadas pola familia Martínez González da rúa Real, o que permitiu se conservase case completo. Álbum inédito que permite coñecer a vida cotiá antes, durante e despois do alzamento e nos días difíciles da posguerra, como se refire a aquel momento o escritor Juan Farias nas súas crónicas de media tarde.

319 fotografías, máis outras trece desaparecidas, sacadas a maioría, en 1936, cunha cámara fotográfica Zeiss Ikon Ikonta pregabre, cun obxectivo de 35 mm, é moi probable que por Hermógenes Argüelles Lareu, fotógrafo que no Anuario de Vigo de 1935 anunciaba o seu estudio na rúa Policarpo Sanz 44. Enxeñeiro de profesión, destacado fotógrafo amateur, inventor autodidacta de artefactos, era moi coñecido como presidente do Moto Club Vigo, organizador do Rally dos Mil quilómetros, mais sobre todo por ser instalador dos equipos cinematográficos sonoros de Zeiss Icon, entón a marca de maior fiabilidade, coa que dende 1933 se proxectaba no cine Odeón na praza de Urzaiz.

Legado........

© Faro de Vigo