A mecha do metal
Marcha dos traballadores do metal no ano 2009. / Jesús de Arcos
O metal, na rúa, nun mes de maio. Que recordos! A maioría, malos. Pero tamén algúns bos. Moitas amizades conservo daqueles meses de maio de 2007 e 2009, cando este sector, cun empuxe poucas veces visto antes, tomou as rúas da cidade. Fago memoria e véñenme á cabeza imaxes case de conflito bélico. Cargas policiais por unha banda e milleiros de traballadores prendéndolle lume a ducias de colectores do lixo, lanzando parafusos de tamaño industrial —gardo algúns como recordo no caixón do meu escritorio—, petardos, pedras e mesmo foguetes das festas. Nunca mellor dito: unha proba de lume para calquera xornalista.
Desde a reconversión industrial dos oitenta, Vigo non sufrira folgas tan duras coma as deses dous anos no sector do metal. Folgas nas que a cidade foi, literalmente, secuestrada durante moitas mañás, mentres polas tardes e non poucas noites sindicatos e patronais trataban de achegar posturas para asinar un convenio que, mira ti por onde, é hoxe un referente a nivel estatal. Folgas nas que se chegou a cortar o tráfico ferroviario e os........
