Caeulles a torre aos de ENEL Green Power, os que ameazan a todo un pobo con montar o «Parque Eólico de Caaveiro» e destruir o noso entorno, a nosa forma de vida, e as nosas esperanzas dun futuro mellor para a nosa terra.

Querían medir a forza do vento, e o vento levoulles a canallada, agora si queren medir a forza da veciñanza defendendo a súa terra vainos levar o demo.

Caeulles a torreta de medición da velocidade do vento que todos os veciños podíamos ver como espada de Damocles sobre as nosas cabezas.

Vai ser que a natureza e o vento tamén están con nos na loita contra os muíños do espolio, da especulación e do desastre, vai ser que traballan con nos os elementos para defender a terra.

Ao día seguinte da caída da estrutura xigante, duns 100 metros, os veciños de Anca celebramos a caida do símbolo dos abusos do poder e das multinacionais do sector eléctrico na nosa parroquia.

Aplaudimos ao vento que levou o esperpento ameazante que nos miraba día e noite dende o noso monte.

Sabemos que a loita vai seguir, que volverán a levantar a torre da vergoña, será por cartos, pero esta vitoria do vento sobre os especuladores macroeólicos é a primeira de todas as que veñen detrás.

Porque non imos permitir que destruan a nosa terra, o noso presente e hipotequen o futuro dos nosos fillos sen loitar.

Porque ata os elementos estan berrando que a Galiza non se vende, se defende.

EÓLICOS AQUÍ NON!

QOSHE - Caeu a torre da vergoña da ENEL Green Power,  veuse a baixo a metáfora de espada de Damocles sobre as nosas cabezas - André Abeledo Fernández
menu_open
Columnists . News Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Caeu a torre da vergoña da ENEL Green Power,  veuse a baixo a metáfora de espada de Damocles sobre as nosas cabezas

1 0 0
31.10.2022

Caeulles a torre aos de ENEL Green Power, os que ameazan a todo un pobo con montar o «Parque Eólico de Caaveiro» e destruir o noso entorno, a nosa forma de vida, e as nosas esperanzas dun futuro mellor para a nosa terra.

Querían medir a forza do vento, e o vento levoulles a canallada, agora si queren medir a forza da veciñanza defendendo a súa terra vainos........

© Tercera Información


Get it on Google Play