A saúde laboral non se vende: a trampa dos servizos médicos propios |
O emprego debe servir para gañar a vida, nunca para perder a saúde física ou mental. Con todo, baixo o actual sistema económico que prioriza o beneficio sobre o ser humano, a saúde da clase traballadora converteuse nunha variable de axuste máis nos balances das grandes corporacións.
O márketing corporativo vende estabilidade e salarios competitivos, pero detrás desa fachada de cartón pedra escóndese unha realidade marcada pola presión, o control estrito e a submisión.
A trampa da xestión interna da saúde
Un dos ataques máis sutiles e perigosos aos dereitos dos traballadores é a privatización de facto da xestión das baixas médicas a través dos servizos médicos propios das........