A ignorancia como bandeira
VOX é o partido onde unha panda de ignorantes que apenas saben falar castelán se senten superiores a quen somos bilingües e, en moitos casos, ata trilingües. Xente que confunde a incultura co patriotismo e que é alérxica a calquera cousa que cheire a cultura ou a saber. Unha investigación publicada en Trends in Cognitive Sciences déixao claro: falar máis dun idioma tradúcese nunha mellor saúde mental, protexe fronte aos síntomas da demencia e demostra que a diversidade lingüística enriquece o cerebro adulto. A ciencia, unha vez máis, desmonta o discurso rancio da ultradereita.
Monolingües que se cren superiores
A España da dereita, e tamén a dalgúns «progres» de salón, xunto cos Estados Unidos de Trump, son dos poucos lugares do mundo onde un monolingüe se cre superior a un bilingüe. Teñen a ignorancia como bandeira, e non me resisto a lembrar a Unamuno, home profundamente de dereitas, cando dixo aquilo de que «o que máis odia o fascismo é a intelixencia». Son capaces de tatuar o nome dos seus fillos en chinés ou en élfico, pero indígnanse........
