Volven arrecender as candeas nos castiñeiros de Trasalba, como todos os anos por este mes de San Xoán. E, como todos os anos, os amigos de don Ramón peregrinamos á casa grande de Cimadevila para honrar a súa memoria, alicerce da modernidade, símbolo de firmeza e, asemade, de capacidade conciliadora, exemplo de intelixencia e de tolerancia sen renunciar nunca nin aos principios nin aos ideais que inspiraron (e mobilizaron) a súa xeración.
Lembro a primeira visita que fixen á rúa da Paz en Ourense, onde moraba don Ramón, a quen todos recoñeciamos como o Patriarca das nosas letras, título que non estou seguro de que ninguén máis puidese ostentar con tanta unanimidade. Se cadra, a........