Ruído político, ruído mediático

Tamén ruído informativo, que atorda, confunde, enxorda, narcotiza… Tal é a sensación que vive a cidadanía, asoballada pola gran máquina do poder, dos moitos e variados poderes que actúan ao servizo de intereses particulares, non do interese común, que é o espazo público, cada vez máis castigado. Hai anos comentei un libro que aínda considero estimulante: La nueva Edad Media (Alianza Editorial), catro ensaios de Umberto Eco, Furio Colombo, Francesco Alberoni e Giuseppe Sacco, nos que presentaban, na entrada do novo século, o horizonte político das democracias occidentais, condicionadas pola concentración de poder das corporacións, no marco da globalización. A aldea global da que falaba........

© La Voz de Galicia