menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Os símbolos do Panteón

18 15
23.02.2026

O 25 de maio de 1891, nun acto multitudinario de admiración e recoñecemento, trasladáronse os restos de Rosalía de Castro dende o cemiterio de Adina, en Iria, onde estaban soterrados, á igrexa de San Domingos de Bonaval, un dos grandes tesouros do gótico galego. Deste xeito inaugurábase o que axiña pasou a denominarse Panteón de Galegos Ilustres, na capela da Visitación, agora denominado Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, logo da publicación da lei 5/2023 do 4 de agosto dese ano, aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia. O pasado venres tivemos ocasión de reflexionar sobre a significación da lei e do lugar onde estabamos, ao carón dos restos da poeta nacional e de personalidades ilustres........

© La Voz de Galicia