A prol do optimismo e a esperanza
Unha das persoas máis pesimistas que coñecín era Ernesto Sábato, o novelista arxentino, autor do informe Nunca más (1984), encargo do presidente Raúl Alfonsín para a clarificación da represión e desaparición de miles de persoas durante a ditadura militar no seu país (1976-1983).
Pesimismo case antropolóxico, dunha lucidez demoledora. Visitabámolo algunhas veces Jorge Laforgue e mais eu na súa casa de Santos Lugares e, logo dunhas horas de conversa, analizando o mundo e a condición humana, era difícil repoñerse.
Os pesimistas argumentan de tal maneira, con tanta precisión e tanta información, que non é doado argumentar doutro xeito. Historicamente mesmo se cualifica o optimismo como unha fraqueza........
