Implantes no cerebro, a revolución?

Incrustar dispositivos electrónicos no cerebro por medio da bioenxeñería é do máis normal do que se pode estar a falar no 2024. De adolescentes a principios dos 90, isto é o que imaxinabamos que pasaría ao ler a Isaac Asimov. Estamos a falar da interface cerebro-ordenador que permite a unha persoa usar os seus pensamentos para controlar un dispositivo coma un ordenador, unha tableta ou un móbil. Hai uns días saíu nos medios un vídeo dun rapaz paralítico cun implante cerebral do tamaño dunha moeda que lle permitía usar a súa mente para xogar ao xadrez en liña. Esta investigación executouse na empresa Neuralink, outra das fazañas do meu veciño texano, o innovador e multibillonario Elon Musk. Saltou aos medios e ás redes coma unha enorme revolución científica! Pero é tal a novidade?

Un mes antes, os inspectores da Administración de Drogas e Alimentos de EE.UU. atoparon problemas co mantemento de rexistros e os controis de calidade dos experimentos con animais en........

© La Voz de Galicia