Un cólico nefrítico
Unha pedra no ril impediume acudir o pasado sábado á cita cos meus lectores. Era a primeira vez que non comparecía en dez anos e a causa parecía xustificada, pero recordei que Augusto Assía non deixou de enviar o artigo diario a La Vanguardia durante cincuenta e sete anos e non fallou nin sequera o día que perdeu o coñecemento por un ataque de ciática na Conferencia dos Catro Grandes, en Xenebra, en 1956. Claro que, daquela, Augusto Assía era un dos xornalistas con máis prestixio no mundo e eu son hoxe un humilde xornalista de provincias que raramente opina con convicción absoluta e por iso escribe baixo a epígrafe Puntadas sen fío, que vén ser unha chiscadela ao lector ao xeito da que Julio Camba fixera aos seus no primeiro artigo en Abc,........
