Rafael Azcona, o humorista total |
Cumpríronse cen anos do nacemento de Rafael Azcona nunha familia de clase media en Logroño, e os amigos celébrano nos medios para que os novos o coñezan e os vellos o evoquemos con nostalxia. Pode que a crítica literaria non o poña nunca entre os grandes narradores españois, pero é seguro que cada día se valorará máis o seu facer de guionista e humorista en películas de cine inesquecibles e eternas.
Fillo dun xastre, aprendeu no obradoiro familiar a tomar medidas, manexar agullas, alfinetes e tesoiras, e cando se puxo a escribir non deu puntada sen fío. Francisco Umbral díxoo moito mellor: «Azcona no escribe una palabra en vano. No ha renunciado jamás a la literatura, aunque haya renunciado al libro». Un ano antes Fernando Trueba declaraba:........