PSOE e demos
O PSOE sufriu a primeira escisión en 1921, cando rexeitou as condicións impostas pola Internacional Comunista para integralo como sección española. Pablo Iglesias, Julián Besteiro e Fernando de los Ríos conseguiron impoñer o seu criterio, pero a perda de militantes foi importante. En 1936 foron as Xuventudes Socialistas, capitaneadas por Santiago Carrillo, quen deixaron o PSOE para unirse ás Xuventudes Comunistas. Daquela, nos meses previos á Guerra Civil, o revolucionario Largo Caballero e o socialista moderado Indalecio Prieto odiáronse como nunca se vira e probablemente non se verá entre membros dun mesmo partido. Non houbo escisión, pero o PSOE........
