Profecías políticas
En xaneiro de 1980, o xornalista Julio Merino entrevistou ao presidente da Generalitat Josep Tarradellas e, ao lle pedir a súa opinión sobre Jordi Pujol —que sería con toda seguridade o seu sucesor—, o molt honorable púxose en pé, apoiou as mans na mesa e dixo solemnemente: «Señor Merino, yo de enanos corruptos no hablo». E volveu sentar. A Merino deulle un pasmo e tatexou: «President, me ha dejado de piedra. ¿Jordi Pujol corrupto?». Tarradellas preguntoulle se oíra falar de Banca Catalana e, como o xornalista recoñeceu que só rumores, sacou do caixón da mesa unha carpeta e con ela na man díxolle: «Esto no son rumores, esto son hechos… Esa banca será la tumba política del........
