Os políticos e a historia |
Os xornalistas metidos a historiadores somos un perigo, pero non tanto como as análises históricas feitas por políticos. Recentemente, un deputado de Vox dixo que socialistas e comunistas deron un golpe de Estado contra a Segunda República cando a dereita gañou as eleccións en 1933. Referíase á Revolución de Asturias de 1934, que parte da esquerda presenta como unha páxina heroica na historia do movemento obreiro e que eu teño por unha das máis negras e arrepiantes; pero non foi un golpe de Estado. Se o deputado de Vox quixese falar de golpes de Estado contra a República podería escoller entre o do xeneral Sanjurjo en 1932, que fracasou, e o Glorioso Alzamento Nacional de........