Guerras santas |
«Toda unha civilización morrerá esta noite», clamou Trump horas antes de expirar o seu ultimato a Irán para que abrise o estreito de Ormuz, e a humanidade preguntouse como unha ameaza tan horrenda, que arrepiaría en ditadores monstruosos como Hitler ou Stalin, puido saír do presidente dos Estados Unidos, paladín das democracias. A resposta é sorprendente pero sinxela: porque Trump é Trump e porque a guerra dos EE.UU. contra Irán é santa. Nin sequera o papa o sabía, pero explicoullo Pete Hegseth, mandamáis do Pentágono: «Trump foi unxido por Xesús para salvar a civilización cristiá da islamización». O papa pasmou e Hegseth largoulle unha lección de socioloxía: «Xa en 1966 o presidente alxeriano Ben........