Entre togas e máis togas

Os xuíces, fiscais e avogados ingleses vestiron togas negras en sinal de loito pola morte da raíña María II, a finais do século XVII, e seguiron facéndoo porque coidaron que de negro aparentaban máis solemnes. A iniciativa tivo éxito e noutros países non tardaron en imitalos. Ese é o feito histórico pero eu coido que naquela decisión interveu algunha musa ou a deusa Atenea para que un século despois o debuxante Daumier representase «as xentes da Xustiza» coas togas negras despregadas como ás de morcegos na sátira máis feroz que nunca se fixera contra os xuíces entregados ao poder político. Daumier morreu na miseria, pero os debuxos e litografías que asinou son un índice acusador contra a corrupción........

© La Voz de Galicia