Signos e símbolos
Os signos son cousas que, por convención ou relación natural, fan lembrar outras cousas (como o fume ao lume). Os símbolos, en cambio, son cousas que por convención (e só por convención) representan conceptos determinados (o lume ás lapas eternas do inferno). Signos e símbolos resúltannos útiles aos humanos, pero os últimos desempeñan un papel máis transcendental na vida social. Tanto que, tras a eclosión do movemento artístico do simbolismo a finais do XIX, desenvolveuse unha pola da filosofía contemporánea (Susanne Langer, 1895-1985), que reducía a investigación filosófica ao estudo dos símbolos. Ferrater Mora recorre ao filósofo da lingua Wilbur Urban (1873-1952) para caracterizar o símbolo. Primeiro, «está no lugar de» ou representa algo. Segundo, é dual, porque hai un obxecto primario idéntico ao obxecto intuído que refire. Terceiro, é á vez realidade e........
