Milmillonarios

«Los millonarios desempeñan en la vida americana una función de carácter eminentemente comunista (…) Dentro de poco todo el dinero de América estará en manos de seis o siete personas, y para la colectividad será exactamente igual tenerlo en poder de ellas que en poder del Estado». Tal era o pronóstico que Julio Camba facía no seu La ciudad automática (1932), crónicas da súa segunda viaxe aos Estados Unidos.

Un século despois, tanto na academia como na Unión Europea, preocupa a concentración da riqueza. Varios estudos solventes están dando conta da aceleración dun proceso que, acentuado tras a crise pandémica, coincide no tempo coa expansión das disruptivas novas tecnoloxías dixitais, e que poden resumirse en titulares como «o 1 % máis rico posúe o 43 % dos activos financeiros........

© La Voz de Galicia