menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Recoñecemento social

19 0
24.02.2026

Din psicólogos e psiquiatras que os seres humanos, tanto homes coma mulleres, sentimos a necesidade de ser socialmente recoñecidos, ou sexa, desexamos que a sociedade nos teña en conta. Este desexo ten unha manifestación positiva, que leva a moitas persoas a esforzarse por realizar ben o seu traballo ou a axudar a outros membros da súa contorna de diversas formas. Ten tamén unha versión mala, patolóxica, que pode levarnos a realizar accións condenables que nos permiten conseguir esa atención que necesitamos. Ese parece que podería ser o caso dun home de 51 anos que residía na Coruña e que en agosto do 2025 arroiou co seu coche en pleno centro da cidade a seis peóns que resultaron feridos. Detido pola policía, manifestou, sen ningunha mostra de arrepentimento, que o facía «para chamar a atención». Deu negativo en alcol e drogas. Tratouse dun acto voluntario e planificado. Tamén engadiu que o seu coche estaba conducido «por unha mafia». Grazas a ese comentario foi conducido á unidade de psiquiatría do hospital de Oza, onde, sen dúbida, estará máis cómodo ca no cárcere.

Esta patolóxica necesidade de chamar a atención pode ser tamén a causante de denuncias falsas. Escóllese unha persoa de relevancia social, morta moitos anos atrás, e acúsana de roubo ou de acoso, ou de violación, de destruír a súa tranquilidade e a súa vida... E, mentres se estuda a denuncia, o denunciante (home ou muller) vive o seu momento feliz de «chamar a atención» sobre a súa persoa.

Que difícil se puxo saber que é verdadeiro ou falso nas noticias que nos chegan cada día a través dos medios!


© La Voz de Galicia