Pérderse o uso do «vostede» |
Poderíase pensar que imos cara a unha sociedade igualitaria na que desaparecen as barreiras da clase social, da raza, do diñeiro... Pero esas barreiras seguen activas, aínda que hipocritamente se trata de disimulalas. Recoméndase que nas relacións laborais o xefe tutee aos seus asalariados porque iso fará que o sintan como alguén próximo. O que debería facer é pagar salarios xustos e evitar horarios abusivos. O demais son pamplinas.........