Os anos andan revoltos e comeza un novo e de boa traza. O 24 é un número bonito e podemos traballalo, para que sexa bo para a maioría, pero compre empezar xa —mañá empeza hoxe—, por exemplo limpando as praias desas boliñas de plástico do demo que nos invaden. Este xornal deu noticia o día 14 de decembro. Case vai un mes. As que se moveron foron coma sempre as veciñanzas e os mariñeiros. Nada cambiará neste trelo ata que o Goberno galego non teña competencias marítimas e do litoral, a través do Estatuto de Autonomía, para gobernar nós o noso mar e as nosas costas. Uns non queren, outros non saben, outros están lonxe do mar, outros din que cando sexamos soberanos... e, mentres, o conto repítese mudando os protagonistas.

Comezamos o ano en clave electoral e ata o 18 de febreiro todos falaremos a lingua dos votantes. A grandeza da política en democracia é que, igual que a televisión que vemos ou a música que escoitamos, a política pode ser boa, mala ou pésima, depende do que escollamos, tamén na política temos o mando se votamos, porque podemos votar. Haberá moitas enquisas de intención de voto deica o día das eleccións, pero vivimos tempos históricos incertos, cheos de sorpresas, nos que a demoscopia non dá atinado. Erran as máis das eleccións. Non é cousa do método, é cousa dos tempos. A demoscopia electoral cada vez ten menos capacidade de prospección do que pode pasar ao abrir as urnas e máis intención de orientar e influír nos partidos, nas campañas e nos votantes.

A verdade está nas nosas mans como electores. O que teña que ser será, pero depende de nós. Un a un e unha a unha. Polo de agora, as sondaxes danlle a Rueda un triunfo case pelado, ao BNG e ao PSdeG que soben, a Sumar un deputado e a piques de lograr tres. O resto dos partidos non chegan nin de lonxe ao mínimo do 5 % necesario para entrar no Parlamento. Se o tridente progresista é quen de moverse como unha galleta, como unha forquita, podería haber cambio de goberno na Xunta despois de quince anos. Aquelas eleccións que perderon por sorpresa o PSdeG e o BNG e que gañou o PP tamén coincidiron co Carnaval, como estas celebráronse o domingo despois do martes de Antroido. «La vida te da sorpresas», canta Rubén Blades a conta de Pedro Navalla. Deixa a ver.

As marxes son estreitas. Abonda que dous deputados roden do seu dono a calquera das outras tres opcións para que cambie o goberno. Coma sempre, será cousa de restos e aquí a tensión española vai actuar dun xeito chocante. Despois de dez anos de existencia, cando está nas horas máis baixas, estas serán as primeiras eleccións galegas ás que Podemos ten intención de se presentar. Aínda haberá que velo. Como ben explicou Nieves Lagares, só pode restar. Polo lado de estribor, os antiautonomistas voxistas presentaranse como nas anteriores, pero poden facerlle máis dano ao PP que daquela. Logo está o termalismo ourensán, onde todo pode acontecer, das Burgas ao Carballiño as surxencias de augas quentes poden provocar queimaduras de prognóstico reservado nos dous grandes partidos estatais. Irémolo vendo.

QOSHE - Podemos non suma e Vox non aporta - Lourenzo Fernández Prieto
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Podemos non suma e Vox non aporta

8 0
09.01.2024

Os anos andan revoltos e comeza un novo e de boa traza. O 24 é un número bonito e podemos traballalo, para que sexa bo para a maioría, pero compre empezar xa —mañá empeza hoxe—, por exemplo limpando as praias desas boliñas de plástico do demo que nos invaden. Este xornal deu noticia o día 14 de decembro. Case vai un mes. As que se moveron foron coma sempre as veciñanzas e os mariñeiros. Nada cambiará neste trelo ata que o Goberno galego non teña competencias marítimas e do litoral, a través do Estatuto de Autonomía, para gobernar nós o noso mar e as nosas costas. Uns non queren, outros non saben, outros están lonxe do mar, outros din que cando sexamos soberanos... e, mentres, o conto repítese mudando os protagonistas.

Comezamos o ano en clave electoral........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play