Pensaba escribir sobre o novo Goberno galego, pero o único que ten de novo é a forma de anunciar a mudanza que non foi. Polo demais, todo segue igual que no anterior e mesmo que no anterior ao anterior. Agora, sen vicepresidentes, como cando Feijoo empezou. O propio dun Goberno conservador que ofrece continuísmo. Coherente, ofrece unha illa de inmutabilidade na que nada mude, no medio dun mundo cambiante e preocupante.

O cambio do mundo está producíndose no cuadrante definido polos meridianos 30 e o 60 e polos paralelos do mesmo gradiente. De Teherán a Moscova, de Tel-Aviv a Kiev. O que arrincou o 7 de outubro coa matanza e secuestro de israelís, continuou convertendo Gaza nun gueto e coa matanza indiscriminada de milleiros de palestinos non combatentes e a moi discriminada de testemuñas e cooperantes. A espiral seguiu ata un punto tan intolerable que toda a comunidade internacional pediu un alto o fogo, moitos países un embargo a Israel e moitos máis están dispostos a recoñecer de inmediato o Estado palestino.

Neste punto, Israel ataca a embaixada de Irán en Damasco e mata un feixe de militares no cumio dunha xeira de accións de forza contra ese país que só poden continuar cunha resposta de forza de Irán. O mundo fixo figas e as diplomacias e os servizos de intelixencia actuaron para que non fora máis do que foi: unha posta en escena de poderío militar en forma de artefactos voadores armados, anunciada e celebrada pública e oficialmente polo réxime iraniano sabendo que a maioría dos drons e mísiles íanse converter en foguetes de artificio ao seren interceptados no ceo de Israel, como así foi.

Agora volvemos cruzar os dedos e volverán actuar os diplomáticos para evitar unha resposta israelí que conduza directamente a unha guerra xeneralizada na zona comprendida entre o poente mediterráneo e o golfo Pérsico. Netanyahu, cuestionado internamente por unha política alimentada de violencia co resultado de máis violencia e cuestionado fóra pola súa espiral de matanzas, aliméntase de guerra, non de apoio social, democracia e liberdades. Parécese nisto a Putin e a Irán. A república islámica logra con esta escalada bélica unidade interna e demostrar a súa forza militar como primeira república confesional musulmán. Netanyahu parece buscar o conflito con Irán para aliñar o apoio dos países democráticos contrarios a ditaduras confesionais que oprimen as liberdades e asasinan mulleres, ademais de manter aos gobernos que lle venden armas e o necesitan estratexicamente ou para limpar malas conciencias históricas.

As guerras fanse para aliñar. Gañar xa é outro conto. Os gobernantes de Israel e Irán están a alimentarse politicamente da guerra. Lévano facendo practicamente dende que existen e nesta conxuntura ambos precísano de forma case desesperada como única saída para evitar a contestación interior. Nesta quenda os marcos están definidos: Netanyahu provoca e Irán responde. Ata onde poida chegar non sabemos. Poñámonos no peor e ademais de facer figas reclamemos a acción diplomática. A guerra xeneralizada sempre chega avisando.

QOSHE - Os guerreiros guerra queren - Lourenzo Fernández Prieto
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Os guerreiros guerra queren

9 4
16.04.2024

Pensaba escribir sobre o novo Goberno galego, pero o único que ten de novo é a forma de anunciar a mudanza que non foi. Polo demais, todo segue igual que no anterior e mesmo que no anterior ao anterior. Agora, sen vicepresidentes, como cando Feijoo empezou. O propio dun Goberno conservador que ofrece continuísmo. Coherente, ofrece unha illa de inmutabilidade na que nada mude, no medio dun mundo cambiante e preocupante.

O cambio do mundo está producíndose no cuadrante definido polos meridianos 30 e o 60 e polos paralelos do mesmo gradiente. De Teherán a Moscova, de Tel-Aviv a Kiev. O que arrincou o 7 de outubro coa matanza e secuestro de israelís, continuou convertendo Gaza nun gueto e coa matanza indiscriminada de milleiros de palestinos non combatentes e a moi........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play