A comparación resulta inevitable e plausible. Vénse á cabeza de calquera que coñeza a persecución dos xudeus nos anos do fascismo narrada polos protagonistas e, sobre todo, polas imaxes icónicas construídas polo cine europeo e americano a partir da memoria das vítimas. As nosas retinas están inzadas de mulleres, homes e vellos impedidos fuxindo das balas e dos bombardeos, de nenas famélicas de expresión cadavérica.

Despois de seis meses repetindo os informativos esas imaxes día tras día, a relatora da ONU sancionou: hai un xenocidio en marcha nunha guerra de agresión, unha ocupación ilegal acompañada de prácticas xenocidas recoñecibles. Custa traballo verbalizar que os que o sufriron o practiquen, que os herdeiros das vítimas poidan converterse en verdugos. A historia depara cousas así e peores. A persecución dos primeiros cristiáns por Roma foi usada como argumento dos mártires para expandir a fe pola forza en guerras de evanxelización durante séculos. Agora que saímos da Semana Santa, reparemos en que a representación popular do Evanxeo coa exaltación da paixón de Cristo lembra, xeración tras xeración dende hai dous mil anos, o pecado dos xudeus martirizando ata a morte a Xesús de Nazaret (INRI), que os converteu en pobo maldito para os cristiáns, por non aceptar o verdadeiro mesías. Entender laicamente o pasado axuda a razoar o presente, comprender as súas ameazas e enganos.

Este Goberno de Israel levou ao extremo a condición histórica de perseguido como argumento para converterse en perseguidor; superou os límites coñecidos, ata anular a súa capacidade de paralizar os Gobernos das democracias vencedoras dos fascismos, diante das accións armadas do Estado de Israel creado en 1948 en Palestina. O pedimento de alto o fogo da ONU coa abstención estadounidense amosa que o mundo fartou de ver as imaxes de Gaza, de contar mortos día a día, de que ningún poder democrático reaccione con contundencia para parar a matanza televisada.

O antisemitismo é unha vella planta regada ano a ano dende hai dous mil. En España vense aínda nenos e adultos disfrazados de xudeus e de romanos procesionando, sen entender o seu significado. A excepción hispana vén da expulsión e a Contrarreforma, e agora renóvase vila a vila para competir polo turismo. Ninguén asocia no solar ibérico as imaxes do Holocausto e as tradicións procesionais; aquí, os pogroms acabaron en 1492, no resto de Europa, en 1946; pero, en Polonia, a última persecución data de 1968. A capacidade para perseguir impunemente palestinos é moi recente e nunca tivo freo. O que estamos vendo baixo a dirección do actual Goberno israelí é resultado dun mesianismo identitario convertido en imperialismo, amparado na condición de vítima e na memoria do Holocausto. A condición de vítima non pode herdarse, pero a manter viva esa condición xógase sempre cando a historia é pura relixión. Martirio redentor das relixións do libro. En Gaza estase cometendo un xenocidio segundo a relatora da ONU polo «asasinato de membros dun grupo», por «danos físicos e mentais» e por «provocar nun grupo deliberadamente condicións para a súa destrución física parcial ou completa».

QOSHE - O gueto de Gaza - Lourenzo Fernández Prieto
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

O gueto de Gaza

8 1
02.04.2024

A comparación resulta inevitable e plausible. Vénse á cabeza de calquera que coñeza a persecución dos xudeus nos anos do fascismo narrada polos protagonistas e, sobre todo, polas imaxes icónicas construídas polo cine europeo e americano a partir da memoria das vítimas. As nosas retinas están inzadas de mulleres, homes e vellos impedidos fuxindo das balas e dos bombardeos, de nenas famélicas de expresión cadavérica.

Despois de seis meses repetindo os informativos esas imaxes día tras día, a relatora da ONU sancionou: hai un xenocidio en marcha nunha guerra de agresión, unha ocupación ilegal acompañada de prácticas xenocidas recoñecibles. Custa traballo verbalizar que os que o sufriron o practiquen, que os herdeiros das vítimas poidan converterse en verdugos. A historia depara cousas así e........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play