As protestas dos agricultores esténdense por Europa occidental, dos Países Baixos do mar do Norte ao mar de plástico de Almería, de Berlín a Portugal, os tractores cortan o tránsito. O agro está revolto, enfadado coas normativas europeas en vésperas dunhas eleccións europeas. Por que? A agricultura e a gandería, a forma de producir alimentos e de transportalos, converteuse nun problema ambiental e debe mudar necesariamente. Este modelo hiperintensivo, baseado no combustible barato, auga gratis onde non a hai, pensos compostos, fertilizantes e herbicidas químicos, é altamente contaminante, pero para mudalo non abonda publicar directivas europeas e reproducilas no BOE e no DOG. A transición ambiental vai doer porque non é doada. Aínda non se abandonou sequera a inercia de aumento das unidades de produción ata a esaxeración das macrogranxas de mil vacas leiteiras, que usan máis menciñas que herba onde non hai prados nin chove para que corra a auga.

Ese modelo do pasado ten os anos contados. O futuro, como demostran as principais cidades americanas e europeas, está na produción orgánica, ecolóxica, se prefiren. Para Galicia será unha inmensa oportunidade se sabe aproveitala, porque nunca deixamos de saber producir ao xeito do país tendo en conta a natureza. Agora que os que dirixiron a industrialización da agricultura viraron a comer da casa e do país, nós podemos liderar o modelo do futuro.

Pero a curto prazo o asunto é un foco de inestabilidade que a extrema dereita busca converter nun caladoiro de votos. Empezou co prezo do diésel. Agricultores xa non hai moitos, pero a identidade labrega, farmer, contadina, bauer, paisana, é parte esencial da nacional en todos os países, un campo de batalla ideolóxico que transcende o rural. Os paysannes son a parte máis combativa do terceiro Estado da Francia contemporánea. Por iso as protestas agrarias son alí tan respectadas: a policía facilita, non reprime, o Goberno actúa e lexisla axiña.

En España a protesta non arrincou, agás en zonas de León e Huesca. Aquí os agricultores, máis que esencia da patria, son considerados ignorantes retardatarios. O modelo de home de campo da extrema dereita é o toureiro de cortijo, o facendado a cabalo. Diferentes historias, diferentes modelos. En España quéixanse polas perdas que ocasionan as protestas francesas no transporte dos seus produtos frescos. Agricultores convertidos en empresarios agrícolas, como se buscou con ansia.

O que iguala a toda Europa nestas mobilizacións é que protestan polos custes que trae mudar a forma de producir. Pasar da produción industrial e contaminante á que foron orientados para deixar de ser atrasados ás formas de produción orgánicas vai ser complicado. A transición vai doer. Será caro e confuso, mudará a tendencia dos últimos sesenta anos: moitos pregúntanse para que lles fixeron mercar tractores máis grandes, subvencionaron fertilizantes, pensos traídos do outro lado do mundo? Para volver as rotacións de millo, fabas, nabos, patacas e prados como facían os vellos da casa? A pregunta é boa, histórica, merece unha resposta á altura. Por certo, nas protestas apenas hai mulleres.

QOSHE - Agro revolto en Europa - Lourenzo Fernández Prieto
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Agro revolto en Europa

6 1
06.02.2024

As protestas dos agricultores esténdense por Europa occidental, dos Países Baixos do mar do Norte ao mar de plástico de Almería, de Berlín a Portugal, os tractores cortan o tránsito. O agro está revolto, enfadado coas normativas europeas en vésperas dunhas eleccións europeas. Por que? A agricultura e a gandería, a forma de producir alimentos e de transportalos, converteuse nun problema ambiental e debe mudar necesariamente. Este modelo hiperintensivo, baseado no combustible barato, auga gratis onde non a hai, pensos compostos, fertilizantes e herbicidas químicos, é altamente contaminante, pero para mudalo non abonda publicar directivas europeas e reproducilas no BOE e no DOG. A transición ambiental vai doer porque non é doada. Aínda non se abandonou sequera a inercia de........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play