Galicia ten unha débeda co edificio da súa universidade histórica. Non coa vella Fonseca dos colexios, senón co da universidade contemporánea das facultades, co das leis, as letras e as ciencias modernas que camiñaron xuntas na mesma casa dende 1805. O casal onde se desenvolveu, non sen conflito, a lei liberal que desprazou a do Antigo Réxime, a casa das letras ilustradas e enciclopedistas que iluminaron a razón fronte a Inquisición, o templo da ciencia moderna que se abriu camiño por fóra da fe na da praza da universidade, no solar que ocuparan os xesuítas ata a súa expulsión por Carlos III.
Ese é o edificio que ocupa a Facultade de Xeografía e Historia, con tres carreiras únicas en Galicia, sete mestrados e dous doutoramentos, que acollen máis de 1.500........