Así se denominaron as sucesivas disputas contemporáneas entre o poder político e as universidades. No pasado século, o dinamismo universitario foi parteiro de dúas democracias e afirmou a autonomía universitaria como valor constitucional. Hoxe a educación superior ten, aparentemente, menos protagonismo. Será por iso que a reunión en Santiago da conferencia de reitores e reitoras, presidida por Eva Alcón e con Antonio López de anfitrión, pasou case desapercibida.

Reunidos para analizar a aplicación da nova LOSU, as universidades debateron tres asuntos fulcrais. O mercado académico editorial, controlado por grandes grupos, esixe grandes pagos para acceder ao publicado, coñecemento e innovación financiada con diñeiro público, o impulso da ciencia aberta busca superar ese límite garantindo o libre acceso. A intelixencia artificial para a xeración e difusión de coñecemento de alto nivel é un vello reto académico. As universidades públicas europeas aínda logran competir coas máis ricas universidades americanas, pero non o lograrán por moito máis tempo sen determinación dos poderes públicos e apoio social.

As universidades fundáronse hai case mil anos como reunión libre de profesorado e alumnado para crear e difundir coñecemento. Saber secular, independente dos doutores da Igrexa que o controlaba. O modelo de Bologna estendeuse polo mundo: crear saber e transmitilo con liberdade, atendendo a requisitos universais de difusión e debate, materialízase na discusión dunha tese que dá o título de doutor. O modelo está a repensarse ao fío dos cambios tecnolóxicos e sociais; tal foi o que abordou a CRUE reunida en Galicia. A universidade, como todo, está hoxe en cuestión, pero sen alternativa. Algunhas voces antiuniversitarias, do Trump orixinal aos trumpiños nosos, propoñen a empresa como alternativa. O mercado coas súas lóxicas e o diñeiro cos seus intereses, fronte á liberdade de pensamento e creación. Novos templos sagrados ou retornar ao berce do poder de sempre, non son unha aspiración para o humanismo libre despois dun milenio.

As universidades teñen moito que mudar neste tempo de retos siderais. Distinguir o grao da palla para renovar a confianza social na forza innovadora do coñecemento desinteresado, cando algúns casos de plaxio pasaron sen pena nin gloria, rebrotan mandarinatos académicos ou descóbrense reputacións falsificadas.

As granxas de citas que denuncia o reitor Domingos do Campo deben obrigar a reaccionar ás distintas comunidades universitarias e as súas direccións para facerse acredoras dun creto de mil anos. O dos mandarinatos universitarios como control personalizado do acceso e promoción na universidade foi moi denunciado pola xeración do 68 e outras antes.

En España a LRU asaltou o caciquismo universitario de sagas, construído pola ditadura, pero as leis non desfán as prácticas culturais. Algúns daqueles sistemas reproducíronse con outros medios e sentidos. Se queren distinguir os novos mandaríns 5.0, desconfíen de quen máis ten falado contra os mandarinatos.

Desconfíen mesmo de quen isto escribe.

QOSHE - A cuestión universitaria - Lourenzo Fernández Prieto
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

A cuestión universitaria

5 1
19.03.2024

Así se denominaron as sucesivas disputas contemporáneas entre o poder político e as universidades. No pasado século, o dinamismo universitario foi parteiro de dúas democracias e afirmou a autonomía universitaria como valor constitucional. Hoxe a educación superior ten, aparentemente, menos protagonismo. Será por iso que a reunión en Santiago da conferencia de reitores e reitoras, presidida por Eva Alcón e con Antonio López de anfitrión, pasou case desapercibida.

Reunidos para analizar a aplicación da nova LOSU, as universidades debateron tres asuntos fulcrais. O mercado académico editorial, controlado por grandes grupos, esixe grandes pagos para acceder ao publicado, coñecemento e innovación financiada con diñeiro público, o impulso da ciencia........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play