Sorprendidas? |
Non é que sexa habitual ir a un acto e que un alcalde che toque unha teta ao estilo do señor franquista aquel, pero nós, as escritoras con tratos con políticos, sabemos perfectamente de que falan as denuncias por acoso. Non sei como, pero afixémonos a señoros con bastón de mando e garabata que insinúan, babosean, piropean, piden o teléfono e bromean arrimándose de máis. Eran bromas, dixo, precisamente, José Tomé nese primeiro momento en que apelou ao........