menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Letras Galegas con orgullo, agarimo e esperanza

11 0
17.05.2026

Dá xenio acompañar a efervescencia de actividades arredor do 17 de maio, cando Galicia toda se pon de festa para celebrar a riqueza da súa tradición literaria e manifestar o orgullo de posuír un idioma propio. Desde 1963 viñémolo facendo arredor de figuras de diverso perfil que, interpelando todas elas ao conxunto da cidadanía, ano tras ano van pondo o foco en distintas parcelas dun patrimonio felizmente plural e constantemente renovado, construído tenazmente contra os ventos adversos da historia. A Real Academia Galega, a quen se debe a iniciativa desta orixinal celebración e que este ano conmemora os seus 120 anos, podería dar fe de moitos episodios exemplares desa epopea colectiva.

A figura que nos convoca este ano, Begoña Caamaño, é especialmente........

© La Voz de Galicia