Unha política sen libros

Estou profundamente convencido de que parte da desastrosa política que estamos a padecer, con xentes duns e doutros partidos insultándose, faltándose ao respecto, berrando mentres o outro está no uso da palabra, facendo memes humillantes nas redes, etcétera; que todo iso, digo, ten moito que ver coa decisión, tomada conscientemente hai ben de anos por todos, sen excepción, de considerar que a cultura non ten importancia. Quero dicir que nunca vin a Trump cun libro, ou a outras e outros que gobernan por aquí, sexan comunidades autónomas, alcaldías ou aspiracións máis altas, cun libro nas mans. As poucas veces que se lles pregunta que están lendo (agás honrosas excepcións) quedan con cara de parvos porque non........

© La Voz de Galicia