Ser ou non ser IA
Ata hai un par de anos falabamos da «fenda dixital» para referirnos a aquelas persoas que estaban sen acceso a internet. Diciamos que esa xente estaba en franca desvantaxe porque non podían gozar de todo o marabilloso que a rede de redes nos daba. Daquela era cando pensabamos cousas que agora soan tan ridículas como que internet ía democratizar o coñecemento ou que grazas ás redes sociais ía medrar o diálogo público.
Hoxe sabemos que o que aconteceu é todo o contrario: os humanos pasamos horas enganchados a vídeos curtos chorras, ao visionado de memes supostamente cómicos que o que fixeron foi, precisamente, atrofiar o noso sentido da comedia. Rebaixou todo........
