Séneca xulga a Trump

Dicía Italo Calvino que un clásico é un libro que ten unha mensaxe para a súa época e para todas as épocas. Por iso, ás veces, cando lemos a algúns gregos ou romanos, ou a Castelao ou Otero Pedrayo, temos a sensación de que están falando da nosa actualidade.

Esta reflexión ven a conta da relectura das Cartas morais a Lucilio, de Séneca. Linas cando era un estudante da Facultade de Filosofía, e agora, que vou achegándome á idade na que el escribiu esas cartas, releo o libro para descubrir que Calvino levaba razón: é un libro que fala do noso tempo. Concretamente, de Donald Trump.

Di Séneca: «Os homicidios individuais castigámolos, pero, que dicir das guerras e do glorioso delito de arrasar pobos enteiros? Feitos que se........

© La Voz de Galicia